imaxe da nova
Contratos

I+D+i=Piratería.

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 abril 2013

Canto tempo levamos escoitando ós grandes “capos” da música planetaria botarlle a culpa de todos os males á, por eles mesmos, denominada ”piratería”. O Instituto de Estudios Prospectivos da Unión Europea ven de amosar un estudo sorprendente. Sorprendente para aqueles que só recibiron información dunha soa dirección durante todos estes anos. Para os que vivían fora das mansións de cristal, os resultados do estudo non sorprenden tanto. Caía de caixón. Neste estudo, aclárase que  as descargas de contidos musicais nas plataformas de intercambio ou a través do streaming, non prexudica á venda de contidos musicais nas plataformas de pago. Polo que parece, estamos ante dúas prácticas paralelas, con hábitos ben distintos entre si, e que tal e como cabía esperar, complementarias unha coa outra na maioría dos casos.

 O estudo afirma que aínda que se infrinxa a lei en moreas de casos, o consumo desta música non está saíndo da hipotética venda desa mesma música. É dicir, a sociedade está atopando novos xeitos de consumo á marxe da industria musical. Unha industria musical que non está sabendo ver os novos camiños que demanda a sociedade.  De feito, ¿por que existe agora mesmo o mercado do streaming se non fora polas primeiras plataformas “ilegais”? Ó final vai resultar que os mal chamados piratas son os verdadeiros emprendedores que tanto se demanda desta industria tan hipócrita. Ó final vai resultar que os mal chamados piratas son os que fan a máis auténtica e máis eficiente I+D+i.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información