imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

Galiza e as bandas “cover”...

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 abril 2013

¿Que pasa en Galiza que produce e exporta un número altísimo de bandas de versións? ¿É merecida a fama de que Galiza é unha potencia de grupos “cover”? ¿A qué responde? ¿É por pasalo ben, por render tributo, por conseguir promo fácil, e polo tanto, máis bolos? ¿Será por falta de imaxinación? ¿Resulta máis fácil copiar que crear algo novo? Un feixe de preguntas e posiblemente respostas moi diversas dependendo do proxecto ó que nos refiramos. O que hai uns anos consistía nunha forma divertida de pasar o tempo no local, ou de aprender a tocar mellor emulando ós teus grupos preferidos, pasou a ser un movemento á alza que xera unha morea de produtos cuxo obxectivo é calcar a un grupo ou artista xa consolidad@. Hai para todos os gustos, e posiblemente se estás lendo isto, xa terás na cabeza máis dun grupo galego dos chamados “tributo”. A realidade é que non é un movemento de agora, e por suposto, non é galego, pero hai que recoñecer, que como outras tantas cousas, callou moi fondo no panorama musical autóctono, e poderiamos falar de varias ducias de bandas “cover” galegas, e estariámonos quedando curtos.

De feito, xa non é estraño atoparse cunha programación que anuncia bandas xa extintas, artistas mort@s, ou con festivais que xuntan nun mesmo cartel grupos que de ser os orixinais, poderían chegar a custar centos de millóns de euros. Cando les a letra pequena, sorpréndeste cos enxeñosos nomes tributo que dan a pista sobre os homenaxeados. Curioso e numerosísimo este fenómeno das bandas tributo. E, como en todo, en ocasións, cun resultado verdadeiramente sorprendente.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información