imaxe da nova
Contratos

Mecenado ¿antídoto ou veleno?

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 marzo 2013

O mecenado é algo tan vello como a propia dedicación exclusiva a unha disciplina artística. Na historia recente atopamos numerosos casos de mecenas entregados á causa. Filántropos e melómanos financeiramente solventes que obtiveron pracer en ser garantes do feito artístico, aínda que moitas veces este se vira dobregado ó capricho, á chantaxe, ou ó oportunismo. En calquera caso, a práctica cultural atópase nestes tempos  entregada ós delirios dunha deidade posiblemente moito máis caprichosa, chantaxista e oportunista que o peor dos antigos mecenas: o deus mercado. A aposta de moitos países de tentar ós poderes económicos do mundo moderno a caer nestas prácticas de apoio á creación artística, é a Lei do Mecenado.

E nesta semana, asistimos ó anuncio de que antes de que remate a actual lexislatura  do goberno de Mariano, aprobarase unha Lei de Mecenado. A verdade é que a situación da Cultura en xeral e da Música en particular está tan ó límite, que é lóxico que o sector reciba esta nova con expectación, e con esperanza. Supoñemos que o beneficio fiscal é a única motivación que o empresariado español atopará nesta nova lei, que pretende facer rendible o feito de apoiar proxectos culturais propios. O único que enturba este novo horizonte alentador é a perplexidade na que seguimos sumidos o sector cultural despois de meses e meses de ataques directos e indirectos contra nós, e contra a cultura en xeral.

Vai ser complicado mirar con bos ollos calquera proposta que veña das mans do noso principal agresor. No fondo, sospeitamos que vai ser outra estocada mortal... Tal vez a definitiva?

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información