imaxe da nova
Institucións amigas

Conclusións da Mesa de Debate da Música ao Vivo

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 marzo 2013

A Convocatoria do outro día foi moi frutífera. Non só pola cantidade de músicos que acudiron á chamada, senón pola actitude de atopar solucións, e o ánimo construtivo que se respirou durante as 3 horas e media que durou o encontro.

Dedicouse moito tempo a falar da situación actual, das nosas imposibilidades como profesionais, como colectivo. Sempre sen botar balóns fora, nin poñer as razóns de tal situación fora de nós mesmos, porque sabemos que, se ben non somos culpables do problema, si poderemos ser culpables de non ser a solución. Houbo acordo en que depende de nós establecer dunha vez por todas, e conscientes de que constitúe un fito histórico, un chan de condicións mínimas, así como dun “modus operandi”, que faga sostible a nosa profesión nun hábitat tan singular como no que nos tocou vivir. Como afirmabamos na convocatoria, a práctica da Música ao Vivo, non pode ser a costa da precariedade perpetua do músico.

 A Mesa de Debate quedou emprazada a unha próxima Asemblea extraordinaria de Músicos Ao Vivo, na que se debaterán polo miúdo as posibles medidas a tomar dende a Asociación. Outra realidade non só é posible, outra realidade é a única opción.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información