imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

A obriga da Protesta

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 marzo 2013

Parece que as mobilizacións si serven para algo. Parece que cando un colectivo se move, a Administración oe. Neste Boletín fixémonos eco das accións reivindicativas da Plataforma das Artes Escénicas e Musicais, que denunciaban a paralización das redes de distribución institucional da cultura galega, así como o letargo da descabezada AGADIC, e a negativa dos máximos responsables políticos da cultura a recibir ós representantes da Plataforma. E é que a Plataforma representa a 17 Asociacións de profesionais da cultura, que están sufrindo o despropósito do “austericidio” nas súas propias carnes, mentres seguen comprobando como todos os esforzos orzamentarios da cultura galega destínanse ó gasóleo das caldeiras da Cidade da Cultura.

En fin... a cuestión é que grazas a esta presión social e mediática, nunha semana se desbloquearon as redes, e na semana seguinte chamou o Conselleiro para recibir á Plataforma. O problema é que o orzamento deste ano vaise ir en pagar o que se gastou no último semestre do 2012, e pouco máis. E a visita ó Conselleiro... en fin... Que se pode agardar dunha caste política que amosou tales cotas de desprezo e auto odio? Os recortes con respecto a dous ou tres anos é pura e simplemente o tiro de graza ó sector. Nin máis nin menos. Nestes tempos, é a nosa responsabilidade seguir na Protesta. E iso faremos.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información