imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

Facéndolle o traballo á Administración

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 febreiro 2013

Dende Músicos ao Vivo é inevitable ter a sensación de que en certo modo, moito do que fixemos como Asociación, era algo que tiña que estar resolvendo a propia Administración Pública. Tanto dende a perspectiva de aglutinar a un colectivo profesional, como de normalizar a realidade laboral, como de servir de soporte para as necesidades dos profesionais da música, as Asociacións artellámonos para facer o que se supón que tiña que estar facendo os Entes Públicos. E non pecaremos de soberbios, se afirmamos que na maioría dos casos, as Asociacións facemos o traballo moito mellor, e ademais a custe cero. Pois ben, non só as Asociacións son as encargadas de ocupar espazos baleiros e abandonados polos poderes públicos.

Hoxe resaltamos aquí un exemplo dun colectivo que ven de ocupar o inmenso e histórico oco da música galega nos medios. Falamos de gzmusica. Este portal web sustentado por 6 voluntarios do Morrazo, son xa un auténtico referente para a actualidade da música galega. Boa mostra disto, é que nun aniño de vida, xa están a piques de transformarse en canle especializado para TV. O dito, é incrible que 6 mozos poidan deixar en ridículo a todo un mastodonte como a tvg, que con todo o seu poderío e despilfarro durante anos e anos, non foi capaz de artellar un medio informativo tan completo, actualizado, dinámico e  útil como gzmúsica. Un exemplo de tantos outros onde a sociedade civil pasa por riba da súa propia administración.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información