imaxe da nova
Contratos

Cotizando, atizando...

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 xaneiro 2013

Ás veces temos a sensación de que o IVE cultural, no canto de ser un imposto directo ó consumo de cultura, podería ser o valor bolsista do cinismo político dun país. É ben curioso. Foron meses e meses de columnas, editoriais, críticas, manifestacións, comunicados, manifestos, entrevistas, etc... Todos de acordo en que unha suba do triplo no IVE cultural, ía supor o golpe de graza a unha industria malcriada a base de cartos públicos, á que de súpeto lle sacaban a fonte de ingresos máis estable, cando non a única, e a deixaban desprotexida tan só co abrigo dunha hipotética billeteira.

Pois ben, sube o IVE do 8% ó 21%, e xa temos cifras dun descenso no consumo en sectores culturais de ata o 70%. Baixa todo, menos a irresponsabilidade política, que segue á alza mes a mes. No entanto, en Francia, veñen de rectificar a subida que fixeran no 2012. Veñen de modificar o 7% ó anterior 5,5%. A desvergoña política en Francia cotiza moito menos que en España. Gañámoslle neso... e tamén no fútbol...

Nuns tempos nos que o consumo se descalabra, a sociedade quebra e as xentes desesperan, a Cultura pasa a ser unha necesidade de primeira orde. Non é industria, non é comercio, non é emprego... É o principal elemento vertebrador da especie humana, e de calquera comunidade. Tamén a nosa. Claro que isto non cotiza ultimamente.

E terá algo que ver que fora en Francia onde tan bo uso se lle dou á guillotina no seu día? Vaites...

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información