imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

Hoxe toca Crowdfunding.

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 xaneiro 2013

Chegou para quedarse. Dende que se instalaron os primeiros portais especializados en Crowdfunding ata hoxe, non pasa unha semana sen que un proxecto galego busque apoios e financiamento a través desta vía. As solucións de apoio popular, micro-mecenado, compra anticipada, ou financiamento baixo recompensa, resultaron ser unha ferramenta excepcional para distintos fins.

O primeiro é obvio. Financiamento. Nuns momentos nos que os apoios á creación e á produción son practicamente inexistentes, os creadores e produtores buscan directamente ó consumidor final, xa que os intermediarios parece que seguen desaparecidos. É un xeito rápido de conseguir liquidez case inmediata, e de reducir o risco inversor.

O segundo é a validación social. Qué sentido ten sacar adiante un proxecto cultural que non interesa a ninguén? A validación por parte da comunidade receptora dunha práctica cultural resulta ser un filtro tan directo, e tan decisivo para a viabilidade do proxecto, que, se pasa ese primeiro filtro, ten a súa vida asegurada, máis aló da propia consecución inicial do proxecto.

Á espera dunha política xeral de Mecenado, seguen sumándose iniciativas de todo tipo, fundamentalmente dentro do ámbito cultural, para instaurar definitivamente esta vía de financiamento e consolidación social das propostas culturais. Quén sabe, igual o día que a Administración pase a fincarlle o dente ó Mecenado, igual ese día acaban tamén co Crowdfunding. Son capaces...

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información