imaxe da nova
Institucións amigas

Renovación e novos folgos

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 decembro 2012

Músicos ao Vivo leva 4 anos traballando a prol dos músicos galegos e neste tempo a actividade da Xunta Directiva non parou de intensificarse. Os novos retos aos que se enfronta a asociación son cada vez máis complexos e requiren traballo continuo.

As circunstancias de cada un van mudando e aínda que o núcleo da Xunta Directiva mantense, novas incorporacións e novos folgos son sempre benvidos.

É por iso que na última asemblea do ano proporanse dúas novas incorporacións ao órgano directivo de Músicos ao Vivo: Isaac Palacín e Víctor Franco, que de seguro traerán aires renovados e implicación. Estes novos fichaxes únense ao de Antón Rodríguez nesta nova etapa.

Todos os que pasaron pola Xunta Directiva deixaron o seu empeño e a súa personalidade dende o primeiro momento (Javier Barral, Juansi Santomé, Álvaro Vieito).

Novos folgos para seguir traballando!!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información