imaxe da nova
Contratos

As cousas do patriarcado

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 decembro 2012

Nun dos boletíns pasados recolliamos a historia das Pussy Riot, afirmando que nos atopabamos ante o punk perfecto, porque eran antiautoritarias nun país cun pasado profundamente autárquicoateas nunha sociedade maioritariamente ortodoxa, e radicalmente feministas nun mundo patriarcal. Pois ben, hoxe traemos a segunda entrega, na súa versión afgana.

Nesta ocasión non estamos ante un grupo, senón ante unha solista, e non de punk, senón rapeira. A música en cuestión chámase Sosan Firooz, ten 23 anos, e está ameazada de morte, e sabemos que no extremismo islámico non se andan con caralladas. Ela rapea contra a represión da muller, e os abusos infantís, e loxicamente vive exiliada e baixo presións constantes.
Son as cousas do patriarcado, que se ben está presente en todo o que nos rodea, esteas onde esteas e fagas o que fagas, só nos salta á vista cando algunha muller traspasa a fronteira, desatando os exércitos da represión máis absurda, brutal e incontestable. No caso das Pussy Riot, foi actuar nunha igrexa cantando contra Putin. A Sosan Firooz, valeulle tan só poñerse diante dun micro co pelo solto... As cousas do patriarcado.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información