imaxe da nova
Contratos

Queremos políticos músicos

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 decembro 2012

Si. Queremos políticos músicos, para a ver se así, dunha vez por todas, entenden a importancia da nosa música. Queremos políticos que amen a Cultura para que non a maltraten, a menosprecen, e fagan mercadeo con ela. Queremos políticos que defendan a morte a nosa Cultura, e que fagan todo o posible para que chegue a todos e a cada un dos individuos que conforman a nosa sociedade. Nenos nas escolas, vellos nas aldeas, telespectadores nos fogares, cidadáns. Queremos políticos que se non saben, pregunten. Queremos, en definitiva, políticos músicos. Pero mentres non chegan, conformámonos con que copien medidas doutros países.
En Arxentina, acábase de aprobar a Lei Nacional da Música, a través da cal, todo Artista Estranxeiro, está obrigado a contratar para actuar antes do seu espectáculo, a un Artista Nacional, para unha actuación, de polo menos media hora. Se non o fai, terá que asumir unha multa do 12% da recadación do evento. O recadado por estas multas, irá destinado, xunto con outras partidas orzamentarias, ó Instituto da Música, que proverá fondos públicos para a Asistencia de novos talentos arxentinos.
Por certo... Os políticos arxentinos responsables de tal medida non son músicos, pero preguntaron a quen sabía...

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información