imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

O Culturgal

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 decembro 2012

Nun país no que custa tanto ir de fronte. Nun país tan complicado para lexitimar a túa acción. Nun país onde a Cultura pasa de ser mercadeo, insignia, colonialismo, bandeira, ruínaprevaricación, negocio, orgullo, industria, revolución... a todo o contrario. Nun país no que tantas veces unha primeira acción pasa a ser a última...

  Neste país segue o Culturgal. Unha feira para unha industria que non existe? Un encontro de superviventes? Unha xuntanza de camaradas? Un “mercadillo de Nadal”? Unha magnífica oferta para un mercado que agoniza? Escóitase de todo e, posiblemente todo vale. Nós preguntámonos: e non será que o gran acerto do Culturgal é que conseguiu ser un reflexo exacto do que somos? Do que realmente queda da Cultura Galega? Non o sabemos...

  O que si sabemos é que Músicos ao Vivo cre na dignidade da nosa profesión. Músicos ao Vivo cre na viabilidade e riqueza da cultura feita en Galiza. Non nos resignamos. Cremos nos músicos, e por iso nos asociamos. Cremos que as cousas si poden cambiar, e por iso traballamos. Por iso, Músicos ao Vivo estará no Culturgal, un ano máis. Vémonos alí...

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información