imaxe da nova
Contacto e Tarifas

Entrevista a Marcos Pin. Socio número 11

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 decembro 2012

¿Como empezaches na música?

Na casa era de sobra coñecida a miña inquietude musical, ata o punto que o meu padriño, Anxo, decidiu regalarme por Reis unha guitarra. Eu tiña ao redor de 7 anos. ¡Aquel agasallo aínda penso que foi o mellor que tiven nunca!. Aos nenos hoxe en día mércaselles guitarras pequeniñas, a miña era de verdade [...] Pasaba horas tentando tocar algo por riba dun radio casete Grundig que tiñamos na casa. A miña nai, moi intelixente pola súa parte decidiu que o seu sería que tomase clases, polo ben dos seus oídos, supoño [...] Logo xa con 15-16 anos descubrín na radio un programa chamado “Jazz entre Amigos” (luns e martes de 22h a 23h, coido recordar...) e caín de cheo no jazz. As miñas primas regaláronme unha colección de casetes que viñan cunha enciclopedia que mercaran, gracioso isto, pero nesas casetes estaban Duke Ellington, Lester Young, Coleman Hawkings, John Coltrane, Miles Davis...aí comezou de verdade a miña devoción[...] Logo descubrín o Clavicembalo, en Lugo, de onde son eu, o Clavi vello, non onde está agora e foi alí onde escoitei a centos de músicos nacionais, recordo por exemplo a Max Sunyer, Jorge Pardo, Ximo Tebar, Ignasi terrasa, Tete Montoliu (xa no Clavi novo) e un longo etc...

Acabas de presentar o primeiro disco de Factor E-reset, o que para os que te seguimos de cerca, constitúe unha proeza musical e de autoxestión. Explícanos en que consiste o proxecto e en que punto está agora.

O meu último traballo, editado en Freecode Jazz Records, chámase “Barbanza”, Factor E-Reset é o nome do ensemble para o que compuxen a música. Son nove excelentes músicos mais eu (Javier Pereiro, Pablo Castaño, Xose Miguelez, Toño Otero, Luis Miranda, Ton Risco, Manolo Guitierrez, Juansy Santomé e Max Gómez). Está gravado en Porto, Portugal por João Bessa nos Boom Studios e mesturado por Ben Rubin en Nova York. A masterización fíxoa Gene Paul, fillo de Les Paul, no G&J Studio, en Nova Jersey. ¡Todo un luxo!.

O álbum confórmano sete pezas, seis orixinais e Moment´s Notice de John Coltrane arranxados e orquestrados. A verdade é que foron ao redor de tres os anos que empreguei para levar a cabo o proxecto, escribindo, ensaiando, dándolle forma a todo [...]

A presentación oficial farémola dentro do ciclo 1906 deste ano.

O CD está en Spotify, Itunes, Bandcamp, Amazón, na miña páxina, etc etc etc...

Formas parte desa nova xeración de jazzistas galegos que decidiron completar a súa formación no estranxeiro. Fálanos da túa experiencia.

A miña experiencia foi totalmente positiva. Penso que os músicos tarde ou cedo sentimos esa necesidade de expandirnos, de saír fora e coñecer cantas mais xentes diferentes e coma nos mellor, coas mesmas inquietudes artísticas ou distinta perspectiva [...] Canto maior sexa a túa visión do mundo mais cousas tes para contar, cantas máis palabras coñezas mellor será o discurso.

¿Cal é o principal atranco que un emprendedor coma ti, atopa agora mesmo para dar saída os´seus novos proxectos?

Nunca penso nos atrancos, teño a sorte de que para min non existen, as cousas son como son [...] Cada un de nós ten o seu camiño, os atrancos creámolos nós mesmos, sempre estamos onde temos que estar, poñámonos como nos poñamos, facendo o que temos que facer.

¿Como ves a saúde da música actual en Galicia?

A música é expresión, sempre que teñamos algo que expresar esta vai a ter unha saúde excepcional, é un vehículo.

En Galicia, como no resto do planeta, non somos inferiores ou superiores nesto, viven excelentes músicos. Ocuparíame a páxina nomealos a todos[...] Noutros planetas teño entendido que esta, a música, é inexistente...¡qué pena!...(je je)

¿Que che parece que exista un colectivo asociativo de músicos galegos de carácter xeral?

Paréceme necesario, útil e efectivo.

¿Que papel cres que debe desempeñar a administración pública na música e nas industrias culturais en xeral?

Non teño unha opinión formada ao respecto. Sinceramente, non o sei. Non penso nunca na administración cando fago música...igual algún día...

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información