imaxe da nova
Institucións amigas

Coa Música a outra parte.

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 novembro 2012

Os músicos frecuentamos multitude de espazos onde levar a cabo a nosa actividade, e sabemos valorar a existencia de Auditorios, Teatros, Festivais, Casas da Cultura, Centros Cívicos, etc... E parece que este recoñecemento nunca se lle nega a estes espazos aos que poderiamos chamar, para entendernos, formais. Pero a música ao vivo non só se dá nestes ámbitos, e non hai ningunha dúbida, de que para que determinadas disciplinas musicais populares gocen dunha boa saúde, estes espazos formais non abondan. Os espectadores, os músicos, os melómanos, búscanse noutros escenarios, noutros redutos, noutras cavernas, noutras referentes culturais que fan que a música sexa máis libre, máis espontánea, máis arriscada, máis efémera, máis imperfecta, máis real... Máis...

Estamos a falar dos clubs, dos garitos, das salas, dos tugurios... deses centos e miles de locais que deciden programar música ao vivo, e que comparten na maioría dos casos a mesma paixón que os músicos e que os espectadores, porque cataron a maxia da música de proximidade. Sen estes espazos cántos miles de músicos non serían hoxe músicos, cantos centos de grupos non terían existido, e non obstante, cánto desprezo e desprotección levan sufrido por parte de tódalas administracións, pero sobre todo, das administracións locais. ¿Cantos locais deixaron a música ao vivo despois de anos de heroicas programacións, pola simple e única chamada “dunha veciña”? ¿Cantos baretos cesaron na súa actividade de concertos por mor dunha denuncia dun veciño que vive a 500 metros? Sen dúbida, hai algo que non funciona.

Pois en Madrid avanzaron un paso máis cara a represión de tódalas formas de Artes Vivas, e a música non podía ser menos. Ana Botella, a través da Normativa para a Zona de Protección Acústica Especial, pasa directamente a prohibir a música e o ocio nocturno no centro de Madrid. E nós preguntámonos ¿Cando comezarán a tratar a música ao vivo como o que é: Cultura viva que precisa protección? Mentres agardamos pola resposta, tódolos veciños a durmir tranquilos, e nós coa música a outra parte.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información