Músicos ao Vivo afronta esta próxima quincena cunha ollada posta na nosa Acción Formativa e Divulgativa. O mércores 28 de Novembro estaremos en Vigo (Súbete o Castro) ás 17:00. Falaremos sobre o Plan de Regularización Laboral levado a cabo por Músicos ao Vivo en Galicia, e tamén sobre casos concretos e especiais da nosa realidade como profesionais da música. O Sábado 1 de Decembro ás 11:30, e dentro da sección profesional do CULTURGAL, falaremos sobre a propiedade intelectual, os dereitos de autor, e as distintas licencias e modelos de protección. Acompañaranos a avogada Zoila Gulín.
Despois da charla, ás 12:30, teremos unha sesión de micro aberto para que os músicos interesados expoñan as súas dúbidas aos representantes de Músicos ao Vivo. O colectivo de músicos témonos que manter informados, xa que a información é poder. Toda difusión é pouca!!!