imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

¿Non querías cultura? Pois toma dúas cuncas.

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 novembro 2012

Vivimos épocas de fortes protestas contra os axentes de demolición, e as súas chamadas políticas de recortes. Estamos sufrindo nas nosas carnes a manipulación dos medios informativos, e o aborregamento dunha grandísima parte da nosa sociedade. E é que os tempos son convulsos, e o que nos queda. Pero nestas augas revoltas tamén hai oco para a imaxinación e para darlle a volta á tortilla do poder. Na capital do Reino hispánico, os traballadores dos Servizos Públicos vinculados a Telemadrid, veñen de convocar un macroconcerto protesta de 12 horas ininterrompidas, para chamar a atención  e buscar apoios contra o desmantelamento do ente público.

Esta nova non tería moita repercusión se non fora pola fonte de financiamento da cal se nutrirá tal evento. E é que a Comunidade de Madrid vai financiar un acto contra os seus propios recortes. O Tribunal Supremo condenou en firme en 2011 a Telemadrid a pagar 100.000€ por vulneración do dereito de folga. E é desta partida de onde sairán os fondos para tal evento. ¿Non querías cultura? pois toma 12 horas, e ademais, pagas ti a factura...

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información