imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

Un canto a Galicia, hei...

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 novembro 2012

Cultura Galega sofre un dobre ataque nestes tempos que corren. En realidade leva sufrindo ataques dende hai tanto tempo que esta nova non tería moito sentido, de non ser porque xa estamos no punto de mira de toda Europa, e do mundo enteiro.

Por unha banda, o Consello de Europa conclúe despois de analizar in situ os efectos do decreto do galego de Feijoo, que este vai directamente en contra do acordado polos Estados Asinantes da Carta Europea das Linguas Minoritarias, documento subscrito en 1992 en Estrasburgo e que recolle as medidas a tomar por gobernos estatais e autonómicos para preservar a diversidade lingüística do continente. E por outra banda, a UNESCO ven de notificar á Facenda española que coa suba do IVE ós bens culturais, está incumprindo unha Convención que pretende evitar o tratamento de películas, concertos e obras teatrais como produtos de ocio. Dita Convención foi aceptada por España no 2006, e busca protexer a diversidade cultural, poñendo o acento sobre o quid da cuestión: A cultura non é simple mercancía.

É por isto que a Cultura Galega está sendo dobremente atacada. Pero non polo imperialismo cultural norteamericano, nin pola crise universal que non entende de sectores, nin tampouco polas mal chamadas piraterías e novas tecnoloxías, non. Os peores ataques veñen da Moncloa e do Monte Pío, e veñen da man de dous galegos. No fondo, é pura retranca...

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información