imaxe da nova
Institucións amigas

Músicos Ao Vivo amplía os seus convenios de colaboración.

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 novembro 2012

Músicos ao Vivo está integrada por case 200 socios galegos, e todos responden a realidades moi distintas. Temos case 80 socios que utilizan mensualmente o noso sistema de facturación, facendo uso polo tanto dun complemento fundamental para a súa actividade profesional. Pero tamén temos socios e socias que compaxinan a súa actividade na música con outros traballos e outras dedicacións. Independentemente do estilo ou disciplina, do nivel de exclusividade, ou de volume de facturación, os nosos socios comparten unha mesma realidade: son músicos.

Coa intención de dar sempre un servizo de calidade, Músicos ao Vivo facilita unha boa Asesoría Legal especializada na realidade do músico. Dende finais de 2011, Marta Castro, avogada especialista en Dereitos de Autor, traballa man con man para dar resposta a cada problema legal ou dúbida que cada socio poida ter. Pois ben, agora vimos de ampliar este servizo, incorporando a outra avogada, Zoila Gulín, e lanzando como parte do convenio, unha oferta especial para o Rexistro de Marcas, dando así a oportunidade a tódolos socios, de que rexistren os nomes de grupos, selos discográficos, proxectos, etc... Máis información en www.musicosaovivo.com.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información