O Consello da Xunta de Galicia aprobou o día 25 de outubro o cesamento de Juan Carlos Fernández Fasero como director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A súa saída da Dirección da Agadic débese, segundo medios oficiais, a motivos persoais, xa que se incorporará a SGAE Noroeste, e prodúcese máis de 3 anos despois do seu nomeamento, en xullo de 2009.
Os colectivos culturais de Galicia destacan a incertidume sobre o futuro da Axencia e piden utilidade real para a entidade.