imaxe da nova
Institucións amigas

Músicos Ao Vivo amplía a súa liña divulgativa.

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 outubro 2012

Músicos ao Vivo tivo claro dende os comezos que nos tocaba imprimir un carácter divulgativo e mesmo pedagóxico a todo o que botáramos a andar. A premisa de servir ós músicos galegos estivo presente dende o primeiro día, e non hai reunión, xuntanza, asemblea ou comunicación na que non levemos con nós esta máxima.

Unha das prácticas habituais de Músicos ao Vivo, son as charlas informativas, que se levan a cabo, ben por demanda dalgún colectivo relacionado coa música, ben por oferta directa da Asociación. Os encontros con colectivos musicais son sempre enriquecedores, e moi distintos dependendo do tipo de asistentes que acudan á chamada. Ata o de agora as charlas que organizamos xiraron fundamentalmente en torno a dúas cuestións. Unha, a experiencia asociativa de Músicos ao Vivo, dende os comezos como Asociación Cultural, ata a actualidade, como Asociación Profesional e Sindicato de músicos galegos, e outra, a posta en marcha do Plan de Regularización Laboral, explicando con todo detalle cal é o entramado legal no que se move o músico no día a día e a solución ofertada por Músicos ao Vivo; o servizo de facturación a través de Cooperativas.

Pois ben, debido ás demandas continuadas de moitos e moi diversos colectivos, ampliamos a nosa oferta de encontros divulgativos, para poñer luz sobre os Dereitos de Autor e a Propiedade Intelectual, e será o Culturgal o marco escollido para a posta en marcha desta nova charla. Esperamos vervos a tod@s por alí.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información