Dende o pasado 23 de Setembro, na Constitución helvética figura a formación musical como unha práctica obrigatoria en todo o ensino. O mandato popular dirixe esta obriga non só ó ensino básico, senón como ben común, a promulgar tamén fóra das escolas. Os 26 cantóns suízos, en coordinación co goberno federal, deberán definir un plan nacional para valorar as competencias musicais dos alumnos, tal e como se fai en matemáticas e lingua.
Realmente consideramos innecesario describir a situación do ensino público en xeral e do ensino musical en particular no noso país. A última reforma educativa pasa por fabricar man de obra básica e eficiente a curto prazo, “diagnosticando” xa dende os 15 anos, se un rapaz ou rapaza “valen” para carreiras de verdade ou se hai que mandalos xa para unha FP. Por suposto a música non pasa de ser un hobby dentro dun sistema enfermizo que só ve man de obra útil, e non cidadáns formados. Parece que o goberno español esgrime a súa lexitimidade nos votos de hai ano e pico. O goberno suízo neste caso, conta co apoio explícito vía referendo do 75% da súa poboación.
Spain is different...