imaxe da nova
Contacto e Tarifas

Entrevista a Magín Blanco. Socio número 23

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 setembro 2012

Como empezaches na música?

Pois aprendín a tocar un chisco a guitarra estando na Laboral de Xixón e cantando a Paco Ibañez e o disco de Rosalía de Amancio Prada. Logo virían as noites eternas da Quintana e xa mais tarde, a finais dos 80, montamos un grupo aquí, na vila, La Rosa . Un grupo de pop e rock co que tiramos tocando bastante tempo.

Ves de ser obxecto dun disco Tributo. Algo que poucos músicos galegos poden dicir. Cómo estás vivindo esta experiencia do “Doutor Apertas”?

Pois ao inicio con moito abraio e agora, basicamente, con moito agradecemento porque pódeme axudar moito a darlle saída ao que vou compoñendo.

Tras tantos anos de carreira, de que xeito inflúe esta longa experiencia á hora de abordar novos camiños e proxectos? Fálanos dos teus plans futuros.

Agora mesmo estamos ultimando outro libro-disco para nenos e adultos sen prexuízos e sigo compoñendo cancións cando a inspiración o permite. Pretendo tocar algo o piano pero iso leva tempo. Eu creo que a experiencia sirve para coller a esencia de cada, digamos, estilo musical. Para saber darlle a cada canción o seu lugar e manexar o universo dese lugar, tanto na música como na letra.

Que cres que é o máis valioso que debe posuír un músico que queira vivir da música de xeito profesional?

Sen dúbida e aínda que soe raro, a vocación. Logo cada un deberá buscar seu lugar na escena e seu aprendizaxe.

Como ves a situación da música actual en Galicia?

Hai moitas escenas diferentes pero, quizais, unha problemática común. A mais evidente é a necesidade de diversificar actividades para poder subsistir dado o difícil que resulta ter proxección fóra do noso territorio. Tamén boto en falta no tecido a parte crítica; alguén que poida dicir que non todo é a bomba. E por último a lacra de que se considere a “pachanga” algo co mesmo sentido e entidade que a creación, tanto polos medios como polo público en xeral. Na parte do apoio institucional non vou entrar porque é algo á marxe.

Qué che parece que exista un colectivo asociativo de músicos galegos de carácter xeral?

Paréceme non só necesario senón máis ben vital. E o carácter xeral é o único posible, senón caeríase en sectarismos que non levan a ningures.

Qué papel cres que debe desempeñar a administración pública na música e nas industrias culturais en xeral?

Apoio dende a base e sempre a través de intermediarios representativos.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información