O mundo da música e do directo está sufrindo cambios a diario. A comunidade de músicos, salas, espectadores e promotores, segue sen parar de probar novas solucións para facer sostible o apaixonante e moi complicado mundo da música ao vivo.
Nesta ocasión facémonos eco da idea dun galego afincado en Cataluña, que deu a luz a bandeed.com.
A idea é moi sinxela: unha plataforma de crowdfunding a tres bandas na que interactúan salas, bandas e espectadores. Concertos “viables” á marxe da “burbulla” especulativa, que tanto entorpece esta profesión.
Esta nova Rede Social en torno á cultura do directo quere axilizar e dinamizar a programación de música en todo o Estado Español. As salas porán a disposición da Rede as súas datas dispoñibles e as condicións para traballar de cara a un ou outro tipo de espectáculo. Os grupos e artistas daranse a coñecer promovendo o seu traballo ou comezando a dinamización dun posible concerto en determinado espazo.
Por último a comunidade de espectadores irá comprando e apoiando as entradas para así impulsar ou descartar a infinidade de propostas existentes. Sen dúbida un bo intento de introducir un mecanismo de auto axuste nesta xungla de sobre programación que nos toca vivir nestes días.
Máis info aquí e na web de Bandeed.