Xa é oficial. O Ministerio de Traballo ven de aceptar os Estatutos de FEMA, Federación Española de Músicos Asociados. Despois dun par de anos de contactos e duns meses de duro traballo, conseguimos formalizar o que ven a ser un fito histórico para a nosa profesión e para o asociacionismo profesional no pais. As Asociacións Fundadoras son:
MUSICat de Catalunya
MUSXXI e UMTRADE de Madrid
PROMUSIC das Illas Canarias
MÚSICOS AO VIVO, de Galicia
Son moitas as asociacións do resto do estado que xa solicitaron sumarse a FEMA. O obxectivo é conseguir unir a tódolos colectivos profesionais de músicos, para así poder ter dunha vez presenza na Administración Estatal, e non só a nivel autonómico.
Tamén son moitas as cuestións que temos en riba da mesa, pero sen dúbida será a problemática laboral, e a consecución dun marco na Seguridade Social axeitado ás características da nosa profesión, o que marcará os primeiros pasos da Federación. Longa vida ó asociacionismo dos músicos!!