imaxe da nova

Segundo o CSIC, as cancións son agora máis previsibles que antes.

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 agosto 2012

Despois de analizar cientificamente 464.411 cancións dende o ano 1995 ata o 2010, esta é a conclusión á que chegou o Director do Instituto de Investigación en Intelixencia Artificial do CSIC, Joan Serra. En comparación coa década dos 60 e 70, onde si se experimentaba máis coa harmonía, coa tímbrica e coa instrumentación, nestes últimos 15 anos, a música é cada vez máis homoxénea. De feito é un proceso que se ven acelerando dende hai máis tempo, pero que é agora cando se dispón dos medios axeitados para poder probalo empiricamente.

Ó parecer, e sempre segundo este estudo, “os cambios de acordes sinxelos, os instrumentos comúns, e o volume forte son os ingredientes da música actual”, e mesmo se afirma, que é un xeito de revisitar constantemente o legado da música popular, xa que “realizar estes cambios sobre vellas cancións, pode facer que soen novas”.
E non é só cuestión dun estilo, xa que se incluíron nese case medio millón de composicións, temas de pop, rock, hip hop, metal e electrónica.

Cabe destacar que esta investigación foi levada a cabo por equipos informáticos de nova xeración. Supoñemos que para non ter que poñer a 50 investigadores de pro, a escoitar toda esa música.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información