imaxe da nova
Contratos

Saíndo do lixo

imaxe do usuario Xestor Xestor
2 setembro 2013

Hai lixos e lixos, e hai formas e formas de lidar con el. A Orquestra de Instrumentos Reciclados de Paraguay é unha nova mostra de como facer da necesidade virtude. A Orquestra está formada por mozos e mozas que residen en Cateura, o maior vertedoiro do país. As 2.500 familias que residen ás aforas de Asunción, viven de separar o plástico do aluminio, das case dúas toneladas de lixo que a diario se segue acumulando alí.

O impulsor do proxecto, coa axuda do Banco Interamericano de Desarrollo, traballa para reciclar ós “gancheros” en luthiers, e o resultado é espectacular. A orquestra conta ata o momento con 35 músicos, e xa deu os seus primeiros concertos.

Se comparamos as cantidades inxentes de cartos que se moven na industria dos instrumentos musicais, e botamos un ollo a esta experiencia, resulta inevitable descubrir outra cara máis da estupidez na que estamos inmersos. A música, unha vez máis, amosa o camiño para saír do lixo, pero nesta ocasión, de xeito literal.

https://www.facebook.com/pages/Orquesta-de-Instrumentos-Reciclados-Cateura/391360090949650

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información