imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

Conta atrás para os Premios Galegos da Música

imaxe do usuario Xestor Xestor
2 setembro 2013

Os Premios Galegos da Música impulsados por Músicos ao Vivo seguen o seu rumbo. O Calendario avanza e a próxima cita é:

 Luns 16 de Setembro: Presentación dos Premios Galegos da Música. Ábrese o prazo para a inscrición das candidaturas. Lembrade que estes premios van dirixidos a todo aquel proxecto musical galego que estea vixente e en activo no ano 2013. Por proxecto musical galego entendemos todo aquel grupo, solista, ou colectivo que teña a súa residencia habitual e marco de actuación en Galicia. Se o proxecto en cuestión é de fóra de Galicia, deberán ser maioría os integrantes galeg@s ou, polo menos, o 50%.

Non será requisito imprescindible ter editado disco neste ano 2013, nin ter editado disco algún. Se ben a produción discográfica é algo que debe pesar e moito na traxectoria dun proxecto musical, estes premios pretenden valorar o feito musical ao vivo, independentemente do traballo discográfico.

Os Premios Galegos da Música van dirixidos a tod@s @s músic@s, polo tanto, non é necesario ser soci@ de Músicos ao Vivo para presentarse a estes Premios.

O prazo para a inscrición de Candidaturas será dun mes, e farase vía web. Mantédevos atentos que a conta atrás xa comezou!!!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información