Este domingo 22 de setembro terá lugar unha Asemblea Xeral Extraordinaria no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), ás 17:00h. O motivo desta asemblea extraordinaria é informar aos socios sobre as importantes actuacións que se levarán a cabo na última parte deste ano.
Por unha banda, compartiremos a última información relativa ós Premios Galegos da Música e debateremos as propostas que nos fagades chegar para a elección do Premio Honorífico Músicos ao Vivo que se dará a un músic@ galego por toda a súa traxectoria.
Preparade a vosa elección, porque desta asemblea sairá o elexid@.
Tamén presentaremos á nova imaxe de Músicos ao Vivo, que irá acompañada dunha nova web da asociación e unha web específica para os Premios. Por último, faremos balance do ano e contemplaremos novos escenarios para o 2014. Hai moito que falar e que decidir.
Esperámosvos!!
A Xunta Directiva