imaxe da nova
Contratos

Dolby

imaxe do usuario Xestor Xestor
23 setembro 2013

Se dicimos que nestes días finou Ray Dolby, posiblemente botemos unha ollada ó noso disco duro interno para intentar pescudar en que grupo tocaba este home, ou se en realidade era compositor, ou músico de jazz, ou mito maldito do rock and roll. Pero non tardariamos en caer na conta de que este personaxe foi o que bautizou o Dolby Surround e o Dolby Stereo. Este enxeñeiro de son nacido en Oregon en 1933 foi un visionario en canto á redución de ruído e ó tratamento do espazo sonoro se refire. Nada máis e nada menos que Star Wars e Encontros na Terceira Fase, foron dúas das primeiras películas nas que se aplicou o Dolby Stereo. Hoxe en día, son miles de millóns de discos, películas, videoxogos, etc... que viron impreso o seu apelido.

Despois de recibir todos os honores que se poden recibir no mundo do show business, acadou un Oscar, Grammys, Emmys e mesmo a Orde Oficial do Imperio Británico. Pero, sen dúbida, o maior logro foi o de conseguir estar presente en tódalas casas, como hóspede incógnito, mellorando a nosa experiencia auditiva, e pasando desapercibido. Grazas mister Dolby...

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información