Dende que a Asociación Músicos ao Vivo comezou a traballar no proxecto dos Premios, entendemos que estes Premios tiñan que incluír a todos aqueles membros da Cultura e Música Galegas que quixeran sumar forzas. E, unha vez máis, a Músicos ao Vivo sorriulle a fortuna, xa que aínda a día de hoxe, non paramos de recibir apoios entusiastas, e aprobacións ilusionantes, que sustentan todo o proceso, para que non se desinche, nin por un só momento, o espírito deste feito histórico.
A implicación das Adegas Martín Códax supuxeron un respaldo decisivo, e o seu compromiso cos Premios Galegos da Música, levounos a bautizalos “Martín Códax”, comezando xuntos un camiño que esperemos que sexa longo e con boa música. E máis apoios decisivos: Xunta de Galicia, Agadic, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, a CRTVG, Casa de Tolos, Froq Eventos, RTA, Esmuli, Merlo Branco, Caramuxo, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, o Consello da Cultura Galega, e máis axentes, empresas, asociacións e membros do Sector Musical Galego que entenden que xa era hora duns Premios que amosaran a produción e creación anual da Música feita en Galicia. Non perdades o fío en