Na última década, Brasil incrementou un 900% o seu orzamento nacional para Cultura. E non só iso, senón que ven apostando por reinventarse a sí mesmo a través da propia Cultura. Brasil foi durante moitos anos festa, praia, fútbol, beleza física, e todo isto sempre pasando pola trituradora do Deus mercado, que a todo pon prezo, sen importarlle de onde veña... Pero agora o Brasil está en posición de reivindicar todo o resto que tamén é. Que é moito e moi diverso. Un universo de matices tan intensos e tan poliédricos que só poden ter unha cousa en común: o propio Brasil.
A campaña de exportación da súa cultura a nivel mundial ven de sumar un apoio orzamentario sen precedentes. A súa presenza en feiras de todo o mundo non vai xa na liña de vender país a través dunha “marca Brasil” para conseguir turismo. Nesas estabamos nós, pero eles xa non. Eles desembarcan nas Feiras do Libro, das Artes Escénicas, da Música, da Arquitectura... A Cultura Brasileira non ten límites porque a sociedade Brasileira non llos pon. E os seus políticos tampouco.
Brasil é modelo dunha terra sen complexos que “é”, sen preocuparse por se o cidadán medio o vai a entender ou o vai mercar... Non hai visionarios, non hai gurús, o único que hai é xente deixando facer a outra xente...
Brasil é modelo de Cultura Universal, e nós, de que somos modelo?