imaxe da nova
Contacto e Tarifas

Entrevista a Francisco Gómez Seijo (Gandy). Socio nº 41.

imaxe do usuario Xestor Xestor
17 outubro 2013

-Como empezaches na música?

 

Porque aos 13 anos, dinme conta de que tocando a guitarra e cantando podíase ligar máis.

 

-Tras tantos anos de carreira, de qué xeito inflúe esta longa experiencia á hora de abordar novos camiños e proxectos?

 

A verdade é que non teño claro de que este recorrido musical inflúa moito para modificar as miñas decisións de cara a un futuro, salvo que sempre trato de seguir adiante cun puñado de amigos que sintan a mesma necesidade que eu en canto a seguir cerca de algún instrumento

 

-En que andas metido agora mesmo?

 

Teño unha produtora musical, coa que deambulo polos distintos lugares que poden necesitar de meus servizos e, a pesar dun limpo e saneado recorrido, cada día está máis difícil vivir disto. No meu tempo libre teño un grupo chamado LA BANDA DEL CAMIÓN co que gozo dos meus amigos e compañeiros de vicio musical e, de cando en vez, tamén tocamos e cando nos animamos e temos diñeiro, gravamos algún que outro proxecto

 

-¿Cales son as túas influencias musicais?

 

STATUS QUO, ZZ TOP, LEDD ZEPPELIN, estes grupos escoitábaos porque eran as cintas que tiñan os meus amigos maiores e púñanas constantemente nos radio-casetes dos seus coches, pero os que realmente me abraiaron, e influíron na miña forma de concibir e intentar facer a miña propia música, foron AC/DC


 

-Como ves a situación da música actual en Galicia?

 

Eu véxoa moi saneada e teño claro que cada día tropezo máis con músicos de altísimo nivel. Definitivamente creo que hai moi bos músicos e moi boas formacións; tanto é así, que eu poderíame pasar moito tempo escoitando soamente música feita en Galicia e por galegos sen botar de menos nada ni a ninguén pero, por meu traballo, hei de estar ao día e por elo teño que diversificar os meus horizontes musicais.


 

-Que che parece que exista un colectivo asociativo de músicos galegos de carácter xeral?

 

Paréceme case incrible que entre nós poidamos participar en calquera colectivo e só me cabe pensar que é grazas ao enorme esforzo duns poucos que están traballando por intentar cambiar esta percepción que manifesto e que, creo, é xeneralizada, xa que solemos ser bastante egocéntricos, e por elo ofrezo a miña colaboración e respecto a esta iniciativa e aos seus creadores.

 

-Que papel cres que debe desempeñar a administración pública na música e nas industrias culturais en xeral?

 

Creo que debe repartir moito mellor os impostos que todos pagamos ao estado, e investir máis en cultura en xeral e, sobre todo, en intentar poñer unha boa melodía á banda sonora do noso tempo, algo difícil de conseguir se non se preocupan máis e mellor en ser moi escrupulosos á hora de elixir aos cargos que han de apoiar a cultura desde a administración pública… hai cada un!!!

 

-Se tiveras que elevar unha queixa como músico, contra quen a elevarías? Cal sería a túa protesta?

 

Sen dubidalo, á violencia, manifestada desde calquera ámbito, pero se interpreto ben a pregunta e me dis, contra quén… diríache que contra os que encarecen a nosa dose necesaria de cultura.

 

 

 

 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información