O Parlamento Europeo aprobou por 580 votos a favor, 47 abstencións e 41 en contra, que os instrumentos musicais podan ser tratados como equipaxe de man en voos europeos.
É unha gran nova, aínda que a efectividade real destas medidas depende do Consello de Ministros da UE, que pode aceptar a posición do Parlamento ou adoptar a súa propia posición, volvendo entón o debate ao Parlamento.
Moitas asociacións de músicos, nacionais e internacionais, apoiaron esta causa e uníronse á petición iniciada por FIM e PEARLE.