imaxe da nova

Un gran ministro de Educación e Cultura

imaxe do usuario Xestor Xestor
3 abril 2014

A verdade é que é reconfortante saber que o camiño pedagóxico dos nenos e nenas deste gran país chamado España está trazado polas firmes mans dun Ministro coma este. Que alivio para os pais e nais, saber que os seus vástagos recibirán unha educación regulada por criterios de excelencia e meritocracia, fóra de manipulacións ideolóxicas e sectoriais. Que fachenda sentir que todo o mundo educativo en pleno comulga cos postulados da nova reforma educativa, tan reclamada, tan consensuada e, en definitiva, tan necesaria. Que tranquilidade da saber que mentres uns nos ocupamos das tarefas propias das nosas respectivas ocupacións, outros, chamados a liderar as altas esferas da cúpula do Estado, porfían sen descanso, na procura dun porvir excelso, ideal, universal e baseado no interese xeral de todos e de todas. Que egoístas nós, inmersos en caprichos persoais que só atinxen á nosa propia vida, e que nivel de entrega eles, tan absoluta, case relixiosa, ó común, ó de todos e todas. Que gran Ministro de Educación e Cultura.

E que dicir da música no ensino? Por fin alguén cun criterio impermeable ás críticas e cunha intelixencia privilexiada, que é quen de poñer dunha vez por todas a música onde se merece. Aínda non sabemos onde exactamente, pero de momento, non nos equivocaremos se afirmamos que o sector da Música en pleno estará de acordo en que a música é algo demasiado serio e importante como para que anden os nenos e nenas a escoitala, a coñecela, e moito menos a tocala. Por favor, que queremos? que calquera cativo de 6, 7 ou 8 anos saiba a diferenza entre un óboe ou un clarinete? que coñezan a música contemporánea que se fai no seu país? Que asistan a concertos?

Que fácil é falar cando non se ten a responsabilidade do líder, e canto nos custa recoñecer a talla e a valía dun visionario, un profeta, un novo mesías para a Educación e a Cultura deste gran país, de marca: España.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información