imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

Axudas á participación galega no MICSUR (Mercado de Industrias Culturais do Sur)

imaxe do usuario Xestor Xestor
26 abril 2014

A Agadic reforza o apoio á internacionalización da industria cultural galega cunha convocatoria de axudas para a asistencia ao MICSUR.

Destina un orzamento total de 20.000 euros a sufragar parte dos gastos da viaxe e a estadía en Arxentina das compañías galegas convidadas especificamente pola organización do Mercado de Industrias Culturales del Sur que se desenvolverá na cidade arxentina de Mar del Plata do 15 ao 18 de maio de 2014. Segundo as bases publicadas no Diario Oficial de Galicia núm. 76, o prazo de presentación de solicitudes esténdese do 23 de abril ao 22 de maio.

A finalidade da presente convocatoria é o fomento da internacionalización das industrias culturais galegas, en especial en mercados con vínculos culturais comúns con Galicia, como é o mercado de América do Sur.

Máis info aquí.

 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información