imaxe da nova
Contratos

Hotel Chelsea

imaxe do usuario Xestor Xestor
2 maio 2014

O mítico Hotel Chelsea de Nova York ten colgado o cartel de closed for restoration.  O Chelsea naceu  como unha cooperativa con vocación de procurar apartamentos de renda baixa aos artistas que chegaban a probar fortuna na gran cidade.

Polas súas habitacións  pasaron numerosos artistas, músicos e escritores que fixeron do hotel un centro cultural e artístico para o mundo bohemio. Debido á súa lista longa de hóspedes e de residentes famosos, o hotel ten unha extensa historia.

Coñécense, entre outros sucesos, o da morte a coiteladas de Nancy Spungen supostamente a mans do seu compañeiro, Sid Vicious, un caso non resolto por falta de probas.

Viva, a carismática actriz que Andy Warhol converteu en superestrela, conta nunha entrevista recente que “un tipo saltou dunha ventá e traspasou o teito de cristal da sinagoga. Sacárono aínda con vida nunha padiola. Achegueime e pregunteille que por que o fixera. ‘Porque acaban de matar a John Lennon e quero irme con el’, díxome. “

Entre os músicos máis coñecidos que pasaron polo Chelsea podemos citar a  Keith Richards, Patti Smith, Virgil Thomson, Dee Dee Ramone, John Cale, Edith Piaf, Joni Mitchell, Leonard Cohen, Janis Joplin, Jimi Hendrix... ou Bob Dylan, que escribiu alí o seu tema “Sad eyed lady of the lowlands”.

O emblemático edificio de tixolo, o máis alto de Manhattan cando as súas doce plantas foron levantadas en 1885, forma parte do patrimonio histórico da cidade. Ninguén teme, pois, por el. Tralo derribo da  antiga estación de Pensilvania, Nova York creou nos anos setenta una comisión de conservación para garantir a posteridade de recoñecidas construcións coma a ponte de Brooklyn e enclaves con encanto como a casiña de Louis Armstrong en Queens. Desde entón, os pasamáns de ferro forxado dos balcóns do Chelsea, aos que tantas veces se asomaron Patti Smith, Bob Dylan ou Tom Waits, están a salvo. Non preocupa por tanto o envoltorio. O que mantén á xente en vixilia… é o destino que se lle vaia  dar á súa alma.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información