imaxe da nova
Institucións amigas

Agadic apoia a segunda edición dos Premios Galegos da Música "Martín Códax"

imaxe do usuario Xestor Xestor
14 maio 2014

A Asociación Músicos ao Vivo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  subscribiron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento dos II Premios Galegos da Música "Martín Códax", a través dos que se busca acadar unha maior visibilidade social e o recoñecemento público do potencial creativo e artístico do sector.

Os galardóns naceron en 2013 co obxectivo de recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas, así como de descubrir novos talentos e de achegar a música e o seu proceso de produción ao público. Nesa primeira edición e baixo o nome de Premios Galegos da Música Martín Códax, a convocatoria abriuse a un total de 13 categorías a concurso –pop e indie; rock, blues, funk & soul; jazz e músicas improvisadas; hip-hop e músicas urbanas; música clásica e contemporánea; folque; música tradicional galega; música do mundo; música infantil; electrónica; metal; reggae, ska & mestizaxe; e orquestras, grupos e música de verbena– para as que en tan só un mes logrouse reunir un total de 521 propostas.
 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información