imaxe da nova
Contacto e Tarifas

ENTREVISTA CINTA ADHESIVA. Jesús Tejada Socio nº 278

imaxe do usuario Xestor Xestor
7 xullo 2014

Falamos hoxe con Jesús Tejada, músico en diferentes formacións de variados estilos (Isga, DandyLady, Lassa, Cinta Adhesiva...), e centrado nos últimos tempos na musicalidade da poesía.

 

- Como podemos definir Cinta Adhesiva?

Como unha tira, maioritariamente negra, pero que existe tamén noutras cores, que ten cola por un dos seus lados e serve para arranxar todo tipo de cousas, ademais de illar, unir, etc.


- Cal é a reacción do público ante unha das vosas actuacións?

Sorpresa. Non esperan algo así. Non sei o que esperan, pero os comentarios sempre son de sorpresa.


- Existe un circuíto para a poesía escénica en Galicia? 

Non existe, aínda que ten os seus espazos onde pode caber: espazos literarios e teatrais. Pero creo que non é, a priori polo menos, ben acollida, pola parte literaria hai unha especie de receo tácito cara a calidade da poesía cando non está nun libro e é directa para poder ser escoitada e asimilada. Por parte do teatro tampouco está considerada como un espectáculo "completo". Isto sempre pasa coas cousas que non se poden meter nun caixón. Andan por aí... o seu circuíto é: por aí.


- Dentro de moi poucos días celebrarase a primeira edición do FIV (Festival Itinerante de Verán), evento no que formas parte da organización, que poderemos atopar nel?

Alí poderemos atopar unha fórmula na que distintas disciplinas poden coordinarse, compartir un mesmo escenario e formar parte de todo. Non fai falta unha etiqueta, na variedade está o gusto penso, e o festival convértese nun colectivo con ganas de pasalo ben e isto transmítese aos espectadores.


- Porque un festival nómade? Cal será a itinerancia do festival?

Gustaríanos levalo a diferentes vilas galegas, con pouca poboación, que non teñen un acceso tan fluído á programación cultural que poden ter certas cidades galegas.



- Como é para ti esta época na que vivimos?

Moi rica e variada. Hai de todo, pero cambiou a maneira de escoitar música debido á inmediatez. Xa non escoitamos ata sabelo de memoria un disco na casa, porque vas a internet e alí está todo. Os directos son a única opción, hai moita oferta, e ás veces os concertos teñen menos espectadores do desexable.


-¿Que che animou a facerte socio de Músicos ao Vivo?

A iniciativa paréceme moi boa, e coma dar un salto de calidade, o circuíto galego no é o mais xeitoso respecto a outros nos medios, as fórmulas de contratación, o respecto aos músicos...

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información