imaxe da nova
Institucións amigas

Veu por ben, este mal...

imaxe do usuario Xestor Xestor
4 agosto 2014

Hai uns días acudimos a un dos episodios máis interesantes, socioloxicamente e mediatícemete falando, en canto á dignificación do músico en Galicia. Saltaba á palestra das redes sociais a través dunha entrada de Mónica de Nut no seu balado do facebook, a agresión que un local de Sanxenxo fixera á súa dignidade artística e profesional e á do seu colega Virxilio da Silva. En 24 horas copartillárase centos de veces, creáronse novas nos blogues especializados, Ángeles Dorrio e Coralie Yapchine cancelaron as súas actuacións inminentes no local asolagando o seu balado de facebook, enchéronse as redes de peticións de resposta ó patrocinador da programación que albergaba esta actuación, e facíase eco o diario cultural da Radio Galega, entre outras moitas cousas. Todo a tempo real, a velocidade de vertixe, e sumando unha unanimidade total. Non hai mal, que por ben non veña.

Queda fóra de cuestión a valía artística e musical de dous/dúas d@s nos@s soci@s máis activ@s, e internacionais. Mónica de Nut e Virxilio da Silva son un capital incalculablemente valioso para a cultura galega. Isto queda fóra de discusión. Tamén queda fóra de cuestión a implicación coa música galega en tantos e en tan diversas frontes por parte de Estrella Galicia, patrocinador desta serie de concertos. E, lamentablemente, queda fóra de cuestión a falta de modais da Dirección do Dux Sanxenxo. As habilidades na súa xestión dunha situación incomprensiblemente incómoda para eles é directamente proporcional ás capacidades do seu comunity manager: é dicir, inexistentes (só hai que botar un ollo á súa estratexia de comunicación e xestión deste conflito).

Os músicos e músicas sabemos o que é a falta de respecto, a precariedade laboral, a carencia de valoración social, a falta de consideración, a sobreprogramación salvaxe, a manipulación obsesiva, a esixencia de ultraprofesionalización por parte de colectivos que non o son, a obriga por parte da administración de industrializarse ou morrer, a competencia desleal, a contraprogramación por parte da administración pública, o intrusismo sen complexos, o cosmopailanismo.... E cantas veces sufrimos isto en solitario, de forma illada, e de portas para dentro?

Curiosamente, e grazas a este desafortunado incidente, asistimos a tantas e tantas mostras de admiración, fachenda, orgullo, solidariedade, cariño, dignidade... E todo isto, publicamente. Non podemos deixar de pensar, que nesta lamentable ocasión, non houbo mal, que por ben non viñera...

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información