-Isaac Garabatos pertence a diferentes formacións tan dispares como Xardín Desordenado, Tender a man ou Isga Collective, nos dous casos conxúganse os textos poéticos con variados estilos musicais. Porque escolliches este camiño creativo?
Supoño que non o escollín dun xeito premeditado, a danza, literatura ou os visuais son disciplinas que foron cada vez aparecendo no meu camiño profesional e confluíndo con moita naturalidade en moitos dos proxectos. Todas as formacións ás que fas referencia teñen sen dúbida un nexo común que é a poesía e o carácter multidisciplinar.
- Entre os teus proxectos tamén se atopa Gazzfunkdation, que cousas podemos agardar como público deste trío?
Aínda que parte dun formato trío dentro dun vocabulario ou estética Funk/Jazz onde a improvisación é a característica fundamental planease como un escenario aberto á colaboración con outros músicos, Mc´s, poetas, bailaríns …
- Con varios dos teus grupos tes percorrido lugares como Xapón, Helsinki, Marsella, Bruselas...etc. Como ten sido esa experiencia?
Para min é unha gozada poder interpretar a nosa visión actual das cantigas do S.XIII de Matín Códax en Frankfurt ou en L´Orient con ISGA Collective, máis aínda coa fantástica reacción e interese que amosan por este tipo de proxecto con claro sabor galego … boto en falta este interese, curiosamente, en Galicia.
- Como cres que está a ser a xestión do(s) goberno(s) no tocante á música profesional?
Fai algúns anos que xa me desencantou esta “xestión”. Por outra banda vimos moi mal acostumados a deixar en mans da administración a financiación de concertos e circuítos. Sen dúbida teñen que apoiar a cultura en xeral e nós tratar de buscar outras fórmulas.
-Porque pensas que é positivo asociarse a Músicos ao Vivo?
Precisamente unha das funcións e a de ser unha voz común do estado da música e os músicos galegos e ser interlocutor coas administracións... etc
- Que opinas sobre os Premios Galegos da Música?
A miña opinión e moi positiva. Incluso deixando a un lado que alguén vai gañar (as miñas felicitacións!) Xa unicamente por saber uns dos traballos dos outros e dar visibilidade en xeral, paga a pena.