A convocatoria dos Premios martín Códax da Música volve dirixirse a todos os proxectos musicais galegos vixentes e en activo neste ano 2014. Entendemos por proxectos musicais galegos a grupos, solistas, espectáculos, ou proxectos discográficos realizados en Galicia, ou realizados fóra de Galicia, pero por músic@s galeg@s. Non será requisito imprescindible ter editado disco neste ano 2014, nin ter editado disco algún. Se ben a produción discográfica é algo que debe pesar e moito na traxectoria dun proxecto musical, estes premios pretenden valorar o feito musical ao vivo, independentemente do traballo discográfico. A inscrición será de novo libre e gratuíta. Os premios Martín Códax da Música van dirixidos a tod@s @s músic@s, polo tanto non é necesario ser soci@ de Músicos ao Vivo para presentarse a estes Premios.
15 CATEGORÍAS MUSICAIS
Este ano o ‘Rock’ ten categoría propia diferenciada da de ‘Blues, Funk e Soul’, e creáse a categoría de ‘Canción de Autor’, moi demandada na anterior edición. Estas son as categorías:
Mellor Proxecto Musical Galego de Pop e Indie.
Mellor Proxecto Musical Galego de Rock.
Mellor Proxecto Musical Galego de Blues, Funk e Soul.
Mellor Proxecto Musical Galego de Metal.
Mellor Proxecto Musical Galego de Canción de Autor.
Mellor Proxecto Musical Galego de Hip Hop e Músicas Urbanas.
Mellor Proxecto Musical Galego de Reggae, Ska e Mestizaxe.
Mellor Proxecto Musical Galego de Electrónica.
Mellor Proxecto Musical Galego de Música Clásica e Contemporánea.
Mellor Proxecto Musical Galego de Jazz e Músicas Improvisadas.
Mellor Proxecto Musical Galego de Música Tradicional Galega.
Mellor Proxecto Musical Galego de Folque.
Mellor Proxecto Musical Galego de Músicas do Mundo (Flamenco, MPB, Músicas Balcánicas..)
Mellor Proxecto Musical Galego de Música Infantil.
Mellor Proxecto Musical Galego de Orquestras, Grupos e Músicas de Verbena.
3 PREMIOS ORGANISTRUM
O Organistrum é un dos instrumentos que aparecen no Pórtico da Gloria. É anterior mesmo ao propio Martín Códax. Sabemos del que eran necesarias dúas persoas para facelo sonar, debido ao seu gran tamaño. Con esta imaxe queremos render recoñecemento aos cómplices imprescindibles dos músicos e músicas. Axentes presentes no noso sector musical, na nosa Industria, no feito cultural mesmo. Este ano, os Premios Organistrum serán 3:
Mellor Sala.
Mellor Festival.
Mellor Espazo de Comunicación Musical.
PREMIO HONORÍFICO
Músicos ao Vivo. En cada edición dos Premios Martín Códax da Música entregarase un Premio Honorífico a un/unha músico galeg@, que pola súa traxectoria artística e dedicación á música ao vivo, constitúa un referente para as novas xeracións de músicos. O premiado ou premiada de cada edición decidirase en Asemblea Extraordinaria de Músicos ao Vivo.
LÍMITES E INCOMPATIBILIDADES
Só se poderá inscribir o mesmo proxecto nunha soa categoría.
Non poderán participar nestes Premios os proxectos que utilicen nas súas actuacións e/ou espectáculos, playbacks, falsos directos, ou músicos de figuración.
Non será posible retirar o proxecto inscrito, unha vez comezadas as roldas de votacións.
Aquela categoría na que non se inscriban un mínimo de 5 candidatos quedará anulada.
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
A Inscrición dos participantes será libre e gratuíta, e farase polos propios artistas, grupos, ou músicos integrantes do proxecto, a través da web:
www.premiosmartincodaxdamusica.com
OBRIGATORIO: Haberá que aportar unha imaxe, unha pequena descrición e dous audios. Os audios poderán aportarse de dúas formas. Ou ben compartindo o enlace dos audios vía Bandcamp ou Soundcloud, ou ben subindo dous mp3 á web.
OPCIONAL: Tamén se poderá acompañar un vídeo do proxecto vía Youtube ou Vimeo, así como os propios sites e webs do proxecto.
PREMIOS ORGANISTRUM
As salas, festivais e espazos de comunicación musical terán que subir un logo ou imaxe corporativa, un texto explicativo, e as ligazóns que consideren oportunas. Webs, videos, reseñas, etc... Ás salas e ós Festivais, ademáis pedímoslles un mínimo de 3 fotos e un máximo de 6.
VOTACIÓNS E PROCESO DE SELECCIÓN D@S PREMIAD@S
Os socios e socias de Músicos ao Vivo serán os encargad@s de votar en dúas quendas. Para facerse soci@ de Músicos ao vivo, só hai que ser músico e asociarse en www.musicosaovivo.com.
Nunha primeira rolda de votación escolleranse aos 3 finalistas de cada categoría. Esta votación será online e privada a través da web www.premiosmartincodaxdamusica.com. A cada soci@ seralle facilitado un código persoal de acceso a dita web no momento en que se inicie o período de votación. Para que a votación sexa válida, cada soci@ deberá completar como mínimo a votación a 5 das 15 categorías. Nunha segunda e última quenda, os socios e socias de Músicos ao Vivo escollerán aos premiados e premiadas de entre @s tres finalistas de cada categoría. Comunicaranse @s Premiad@s o día da Gala dos Premios Martín Códax da Música, o 17 de Decembro de 2014. Nas dúas quendas de votación, valorarase a posición dos proxectos escollidos, como 1º, 2º, e 3º, como sistema de ponderación por puntos para favorecer os desempates.
O CALENDARIO
Un cronograma pensado para @s músic@s
Nesta segunda edición, plantexamos un calendario máis axustado aos tempos necesarios de votación por un lado; e a celebración de eventos en días da semana que non coincidan con concertos dos artistas e que faciliten a súa asistencia tanto á Festa de Nomeados como a Gala de Finalistas. Estas son as datas:
PRAZO DE INSCRICIÓN
Do 24 de setembro ao 19 de outubro
PRIMEIRA ROLDA DE VOTACIÓNS
Do 20 de outubro ao 16 de novembro
PRESENTACIÓN DE FINALISTAS
Mércores 26 de novembro
SEGUNDA ROLDA DE VOTACIÓNS
Do 27 de novembro ao 14 de decembro
GALA DE ENTREGA DE PREMIOS
Mércores 17 de decembro