imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

“Pocaropa, sudaíta”

imaxe do usuario Xestor Xestor
9 febreiro 2015

Desgraciadamente, nestes días confirmouse unha nova que viña sobrevoando desde hai un tempo sobre as nosas cabezas: Turgalicia, organismo da Xunta encargado da promoción turística, consideraba de gran interese para a nosa terra investir 302.500 € na produción dun vídeo clip de Enrique Iglesias que leva por título “Noche y de día”. Non imos falar da calidade artística de dita produción. Está todo resumido no verso da canción que serve de titular.

Como era de esperar, esta nova provocou un grande rebumbio entre o colectivo de artistas galegos, especialmente xs músicos, en loita permanente por unha supervivencia cada día máis complicada. As decisións dun departamento da Xunta teñen que ter en conta non só os posibles -e máis que dubidosos- beneficios, se non, tamén e sobre todo, en que afectan ao interese xeral.

Con este “investimento”, Turgalicia da a entender varias cousas:

Que considera que Enrique Iglesias é o mellor embaixador que Galicia pode ter.
Que a nosa música non ten categoría para representarnos, pero “Noche y de día”, si.
Que con ese vídeo clip, hordas de visitantes chegarán á nosa terra.

Dende Músicos ao vivo queremos manifestar o noso profundo malestar con esta decisión que pasa a engrosar a lista de agravios cos que a administración galega amosa, unha vez máis, o seu escaso interese pola cultura galega.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información