imaxe da nova

Lei de espectáculos e rebaixa do IVE cultural en Galicia

imaxe do usuario Xestor Xestor
21 setembro 2015

Ao fío dunha pregunta do PSOE ao Director Xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, sobre a particular situación fiscal dun sector do mundo da música denominado “verbena galega”, tivemos coñecemento de dúas cuestións altamente preocupantes e que nestes días dispararon as alarmas:

1. A Xunta vai solicitar un trato fiscal especial ao governo central para a “verbena galega”, consistente nunha rebaixa do IVE ata o 8%.

2. Estáse a redactar unha nova lei de espectáculos, algo que estabamos esperando todos e do que ninguén sabía nada.

Ante estas dúas sorprendentes revelacións, desde Músicos ao Vivo queremos manifestar o seguinte:

1.Esperamos que se explique claramente cal é diferencia entre a “verbena galega” e o resto de espectáculos artísticos que se exclúen de esta petición, cabalo de batalla de todo o sector dende hai anos.

2. Que se diga con que representantes do sector musical e artístico en xeral se está negociando a redacción da nova lei, outra das reivindicacións de todo o sector.

Por último, MAV vai solicitar con carácter de urxencia unha reunión con Luis Menor para aclarar todos estes puntos e ofrecerlle a nosa colaboración para acadar un maior consenso na nova lei.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información