O domingo 24 de xaneiro terá lugar a primeira Asemblea Xeral Ordinaria da asociación Músicos ao Vivo no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), ás 17:00h.
O motivo desta asemblea Ordinaria é informar e facer balance sobre as actuacións levadas a cabo o pasado ano 2015 e propoñer e decidir as novas liñas de actuación de cara ao presente ano, que este ano son moitas e de moito calado.
Atopámonos inmersos en varias frontes importantes ás que temos que saber darlle o mellor encaixe posible.