O 22 de novembro celebrouse Santa Cecilia, patroa dos músicos, organizando unha xornada formativa na Cidade da Cultura, co obxectivo de contribuír ao impulso do emprendemento na industria discográfica, así como para visibilizar e poñer en valor o traballo das mulleres na mesma.
A actividade enmárcase no novo proxecto Campus UFi de formación e capacitación dos profesionais da industria musical.
Nesta xornada participou Iria Pinheiro, presidenta de Músicos Ao Vivo xunto con Noemí Planas (UFi), Iria Talegón (Esmerarte) e Bea Camiña (Moucho Records).