Convocatoria RGTA, RGS e RGMV (1º semestre 2017)
REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS E REDE GALEGA DE SALAS
Prazo para que os espazos escénidos e auditorios realicen a proposta de programación do 2 ao 14 de decembro de 2016.
Este prazo abranguerá as actuacións entre o 12 de xaneiro e o 30 de xullo de 2017.
Neste semestre non se aplican os mínimos de contratación de compañías teatrais de fóra de Galicia, que será de dúas contratacións do mesmo espectáculo.
REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO
Preprogramación do 2 ao 16 de decembro as salas realizarán a súa proposta de programación.
Programación definitiva do 19 ao 22 de decembro para as salas que teñan que cambiar algún dos grupos ou compañias que non acadaron a contratación mínima de 2 bolos do mesmo concerto/espectáculo, esixida na normativa que regula esta Rede.
Queremos lembrar a todas as compañías e grupos as seguintes obrigas:
-As/Os compoñentes dos grupos e compañías contratados a través de calquera das Redes, deberán estar dados de alta na Seguridad Social o día de cada actuación.
-Os contratos que emite a Agadic realízanse cos datos que cada compañía e grupo cumprimenta no apartado de datos fiscais da pax. www.galescena.gal.
Unha vez emitido o contrato NON se admitirán cambios nos datos de facturación.
Lembramos que tedes á vosa disposición as listaxes dos programadores/as actualizados:
Rede Galega de Teatros e Auditorios