O domingo 30 de setembro terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Músicxs ao Vivo na Nave de Vidán (Santiago de Compostela), ás 11:00h. Ubicación
O motivo desta asemblea é presentar á nova Xunta Directiva e facer balance sobre as actuacións levadas a cabo e os proxectos que estamos acometendo.
Iniciamos unha nova etapa e gustaríanos contar coa vosa presenza; trataremos temas de especial importancia polo que contamos coa vosa asistencia.
Orde do día:
- Presentación da nova Xunta Directiva.
- Presentación da nova web.
- Proposta para cambio de nome da Asociación a “Músicas ao Vivo”. Votación.
- Seccións MAV. Queremos dar voz ás seccións que forman parte da asociación para que compartan con nós a súa traxectoria, inquedanzas e accións levadas a cabo durante este tempo.
- Exposición da situación actual da Cooperativa de MAV.
- Informes da Xunta Directiva.
- Rogos e preguntas.
Aquelas persoas que esteades interesadas en quedar a xantar despois da asemblea na Nave de Vidán, temos concertado un menú de 18€ que achegamos en arquivo adxunto. Poderedes facelo reservando o voso menú (lembrade indicar o prato principal que escolledes) antes do 21 de setembro no seguinte correo electrónico info@musicosaovivo.com
O menú será o seguinte:
- Entradas a compartir: Tosta de guacamole picante con tomate do país. Croquetas mixtas de xamón ibérico e robaliza sobre pataca palla.
- Prato principal a elexir: Arroz de grao redondo con verduras ao forno ou xarrete de vitela estufado con pataquiñas guisadas no mollo da carne.
- Sobremesa: Filloa rechea de chocolate belga.
- Adega: D.O. Ribeira Sacra - D.O. Rías Baixas, cervexa, refrescos, auga e café.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Agardámosvos!!
A Xunta Directiva.