imaxe da nova
Asociación

Acordos asemblea xeral MAV do 30 de setembro

imaxe do usuario Xestor Xestor
10 outubro 2018

Como xa anunciamos, o pasado 30 de setembro celebramos a nosa última Asemblea Xeral Extraordinaria.

Entre outros puntos que se trataron, cabe destacar a presentación da nova xunta directiva, composta por Sonia Lebedynski, Xabier García Mera, Nastasia Zürcher, Xiana Lastra, Javier Prado, Marga Ramos e María José Pérez.

Iniciamos así unha nova etapa na asociación, que comeza cunha decisión a destacar como é o cambio de nome, aprobado por maioría dentro desta asemblea, pasando así a ser: “Músicas Ao Vivo”. Deste xeito buscamos a inclusión total de todas as persoas e todas as músicas que formamos parte desta asociación.

Outro punto importante foi a aprobación por maioría da subida da cota anual da asociación para o ano 2019, pasando así a ser de 50€ anuais. Esta proposta nace coa finalidade de mellorar o servizo por parte da asociación.

Por último, inauguramos nova sección dentro de MAV: “En Órbita”, observatorio pola igualdade. Moi pronto anunciaremos a data de presentación desta nova sección, na que agardamos contar con todas aquelas persoas que teñan interese en traballar e sumar neste ámbito.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información