O pasado 13 de novembro a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural organizou na Cidade da Cultura unha xornada sobre a política cultural en Galicia. Foron moitas as persoas que acudiron ao convite da AGPXC para coñecer a situación do sector cultural galego da man dos seus profesionais, escoitar opinións diversas sobre as políticas culturais galegas e tamén opinar e debatir, convertindo a cita nunha experiencia moi enriquecedora para todos e todas nós.
Músicas ao Vivo estivo representada pola súa presidenta Sonia Lebedynski, participando na mesa redonda con outros profesionais de outros sectores culturais.
Podedes ver os vídeos de todas as charlas dende a páxina da AGPXC.
A participación de MAV podedes vela neste vídeo a partires do minuto 39:40.