imaxe da nova
Asociación

Asemblea Xeral o 24 de marzo en Santiago de Compostela

imaxe do usuario Xestor Xestor
20 Marzo 2019

O domingo 24 de marzo terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da asociación Músicas ao Vivo na Nave de Vidán (Santiago de Compostela), ás 11:00h. Ubicación.

O motivo desta asemblea é informar sobre as actividades levadas a cabo durante o ano 2018 e os proxectos e retos que nos marcaremos de cara a este ano 2019.
Queremos que todos os socios e socias sexan partícipes do rumbo da asociación e que estean informados regularmente de todo o que se está facendo.

Recordamos que nesta asemblea acordarase o Premio Honorífico Músicas ao Vivo desta edición dos Premios Martín Códax da Música.

Para aquelas persoas que estean interesadas en quedar a xantar despois da asemblea na Nave de Vidán, haberá un menú especial para socios e socias.


Para esta Xunta Directiva é importante que os músicos e músicas estean informados e que participen do colectivo.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro